martes, 12 de novembro de 2019

Asemblea xeral ANPA 2019-20

Curso 2019/2020
Convocatoria
I ASAMBLEA XERAL DA ANPA IES ROSALIA DE CASTRO
Convócanse a todos os socios da ANPA do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a I Asamblea Xeral da ANPA do curso 2019-20, a celebrar o 

Día: 25 de novembro de 2019
Hora: 20:00 h
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula XX PB (Planta Baixa)
 

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Informe da presidenta
3. Informe de contas curso 2018-19
4. Actividades curso 19-20
5. Renovación de vacantes na xunta directiva*
6. Taquillas
7. Rolda aberta de intervencións


*Hai bastantes postos vacantes na directiva. As/Os interesadas/os deben enviar un correo electrónico ao enderezo anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es ou ben presentarse directamente na asemblea xeral.

Documentos:

xoves, 20 de xuño de 2019

Extraescolares curso 2019/20

Estimadas nais e pais,
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades que temos programado para o curso 2019/20 (comezarán en outubro):
Día/Hora
Actividade
Comentarios
Martes
13:30 a 14:30
(só 1º trimestre)
Técnicas de estudo-1º-2º ESO
10-15 persoas
Custe: 48€/trimestre
Venres
16:30 a 17:30
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
10-15 persoas
Custe: 50€/trimestre
Venres
16:30 a 17:30
*Aikido(concentración e defensa persoal)
10-15 persoas
Custe: 30€/trimestre
As actividades marcadas cun * programaranse o segundo e tercer trimestre dependendo da demanda.

Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario.
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2019/20 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.
PARA CALQUERA DÚBIDA, ESCRIBIDE UN CORREO A anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
 
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO INSTITUTO: Deberedes preguntar en secretaría ao inicio do curso e estar atentos aos carteis que se poñerán nos taboleiros das aulas:
  • a aula de teatro
  • o coro e
  • a orquestra do instituto, ensaia os luns na hora de titoría, que se fai coincidir para tódolos cursos para facilitar a asistencia dos rapaces aos ensaios.
  • o clube de lectura
  • o clube de ciencia 
  • Cursos de inglés:
    • Nas horas da mediodía o Instituto organiza os cursos de inglés para obter os certificados de Cambridge ou Oxford (Trinity College) impartidos por unha academia de idiomas. Se informa a todos os alumnos ao principio de curso. Horarios 1º-2º ESO: martes 13:35-14:25 e xoves 14:25-15:15. Horarios 3º-4º ESO: martes 14:25-15:15 e xoves 13:35-14:25. Horarios 1º-2ºBACH: Luns 13:35-14:25 e mércores 14:25-15:15.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

mércores, 19 de xuño de 2019

Inscrición ANPA curso 2019-20

INSCRICIÓN FORA DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (durante o curso)
INSCRICIÓN DENTRO DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (xuño-xullo 2019)
  • O impreso de inscrición na ANPA para o curso 2019-20 vai incluído no sobre de matrícula.
  • O pagamento da cota da ANPA de inicio de curso (xunto co seguro escolar, obrigatorio a partir de 3º ESO) debe facerse co impreso de abono de taxas incluído polo Instituto no sobre de matrícula. De facer o pago por internet, debe incluírse igualmente no sobre de matrícula o impreso de abono de taxas debidamente cuberto e axuntar o xustificante de pago. MOI IMPORTANTE: Poñer no concepto: TAXAS-APELIDOS ALUMNO/A. No seguinte enlace tendes o impreso de inscrición (é o mesmo que vai no sobre de matrícula): Enlace a formulario inscrición ANPA curso 2019-20 (incluido no sobre de matrícula)

martes, 18 de xuño de 2019

Doazón e solicitude de libros curso 2019-20

A ANPA pon en marcha un sistema on-line de doazón e solicitude de libros para aquelas familias que NON sexan beneficiarias do banco solidario de libros da Xunta de Galicia nin das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas solicitudes as tramita directamente o Instituto.
O procedemento será o seguinte:
PRIMEIRO PASO: Enche o FORMULARIO ON-LINE DE DOAZÓN/SOLICITUDE (facendo clic no enlace amarelo anterior) indicando os libros que doas e os que se solicitas. Podedes doar libros aínda que non solicitedes ningún. Moi importante: poñer un correo-e de contacto que consultes habitualmente.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: O formulario estará aberto ata o 2 de xullo 2019
FAMILIAS CON VARIOS FILLOS: Débese cubrir un formulario para cada un deles.
E DESPOIS? Enviaremos por correo-e a cada familia solicitante de libros un correo de contacto da familia que cede ese lote de libros para o curso solicitado. Despois serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os posibles cambios/cesións. A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.

QUEREMOS RESALTAR QUE ESTA É UNHA DOAZÓN SOLIDARIA, O QUE SIGNIFICA QUE UNHA VEZ SE ASIGNE UN LOTE DE LIBROS, AÍNDA QUE NON TEÑADES RECIBIDO O QUE SOLICITADES, TEDES QUE DOALO Á FAMILIA DESIGNADA.
AQUELES INSCRITOS QUE XA TEÑAN CEDIDO OS LIBROS A OUTRAS FAMILIAS SEN ESTAR INSCRITAS NA LISTA DE SOLICITUDES SERÁN ELIMINADAS DA LISTAXE DE BANCO DE LIBROS. PRIORIZARASE SEMPRE ÁS FAMILIAS QUE DOAN LOTES DE LIBROS SOBRE AS QUE NON O FAN.

Podes consultar o listado de libros do curso 2018-19 na web do Instituto, á espera de que se publique a listaxe para o próximo curso 2019-20:
http://iesrosalia.net/index.php/novas-e-eventos/342-libros-de-texto-curso-2018-19 

martes, 28 de maio de 2019

Fondo solidario de libros e material escolar da Xunta de Galicia


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

Información na páxina da Xunta de Galicia

O prazo remata o 21 de xuño de 2019

xoves, 28 de febreiro de 2019

Actividades de Formación en Linguas Extranxeiras Xunta de Galicia

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.
O periodo de realización de actividades comprenderá dende a última semana de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de 1º ESO ata 2º Bacharelato.
Toda a información está en: http://www.edu.xunta.es/axudasle/ 
Prazo aberto dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo (incluído)

martes, 19 de febreiro de 2019

Obradoiro "ALCOHOL E MENORES, FALAMOS?"

Dende a Federación de ANPAS de Compostela organízase un obradoiro de varias sesións coa temática de alcohol e menores. Anim​á​mosvos a que asistades xa que é un tema interesante e, sobre todo, importante.

LUGAR: Local FANPA COMPOSTELA (Rúa de Estocolmo, 8, baixo, Santiago)
HORA:  16:30H - 18:30H
DATAS E PONENTES:
  • 20 de febreiro : Profesor Fernando Cadaveira Mahía (USC) "Efectos do consumo de alcohol sobre o cerebro adolescente"
  • 27 de febreiro.: Profesor Antonio Rial Boubeta (USC) "Consumo de alcohol en menores: variables asociadas"
  • 13 de marzo. "Ocio e alcohol: a voz dos adolescentes" coa participación e coloquio con dous adolescentes.
  • 20 de marzo  María José Blanco Freire. Psicóloga da Prevención da UMAD "E a familia.... facemos algo?"
DESTINATARIOS/AS:
Nais, pais e responsables da mocidade en xeral
INSCRICIÓN: A federación pide que vos anotedes (e solicitedes ludoteca se o precisades) no correo de FANPA:  anpascompostela@gmail.com

mércores, 30 de xaneiro de 2019

IV Feira das profesións: álbum de fotos

Dende a directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todos os profesionais, dirección do instituto, profesorado, alumnos e alumnas polo voso interese e participación. Entre todos temos logrado que a Feira sexa un éxito que xa vai pola súa cuarta edición.
 
A ANPA case ao completo (falta Rogelio) no Café Casino, onde a dirección
do Instituto organizou un coctel para os invitados.


Unha pequena mostra da grande actividade que tivo lugar este luns: Álbum de fotos

luns, 21 de xaneiro de 2019

IV Feira das Profesións

Confirmada a participación de 90 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o luns 28 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.
A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro. 

Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
  • Aula Arte e Humanidades: Artes plásticas,  Deseño, Música, Historia, Historia da Arte, Filosofía, Literatura, Linguas, Tradución
  • Aula Enxeñaría e Arquitetura: aeronáutica, arquitetura, enxeñaría agronóma, enxeñaría industrial, enxeñaría informática, enxeñaría química, enxeñaría da enerxía, robótica, videoxogos, CS de formación profesional
  • Aula Ciencias: bioloxía, física, matemáticas, química, biotecnoloxía
  • Aula Ciencias da Saúde I: enfermaría, farmacia, fisioterapia, rehabilitación, óptica, psicoloxía, veterinaria.
  • Aula Ciencias da Saúde II: investigación médica, medicina (cirurxán cardiovascular, neurocirurxán, radiólogo, anestesista, neurólogo, rehabilitador, oftalmólogo), odontoloxía. 
  • Aula Ciencias Sociais: políticas, economía, empresa, publicidade, recursos humáns, INEF, xornalismo, turismo, hostelaría, mediación, traballo social, educación primaria, xeografía
  • Aula Ciencias Xurídicas: avogados, maxistrada, procuradora, fiscal, criminoloxía, facenda, notaría, relacións internacionais, policía, forzas armadas

venres, 11 de xaneiro de 2019

IV Feira das profesións. PARTICIPA!!!

Cándo? LUNS 28 DE XANEIRO DE 2019 de 17:30 a 19:00
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos e fillas nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).