venres, 29 de abril de 2016

Actuación do grupo de baile moderno do Rosalía no XI Certame Compostela en Danza

Magnífica actuación do grupo de baile moderno do Rosalía no XI Certame Compostela en Danza, celebrado o pasado domingo 29 de maio no Auditorio de Galicia. 

Parabéns ás bailarinas e bailaríns e máis á súa profesora Silvia Miramontes!

Fotos facilitadas polo concello de Santiago no seu sitio de internet, onde podedes apreciar outras fotos do magnífico espectáculo: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14623
Animádevos a participar o próximo curso!

martes, 26 de abril de 2016

Feira das Profesións

Onte tivo lugar A Feira das Profesións no IES Rosalía de Castro

Queremos agradecer dende a ANPA a participación desinteresada dos casi 70 profesionais de tódalas áreas que atenderon as inquedanzas dos estudantes sobre o seu futuro profesional.
Tamén agradecemos a grande colaboración por parte da dirección do Instituto para levar a cabo con éxito esta tarefa.


Como de todo se aprende, esperamos os vosos comentarios!
GRAZAS!



GALERÍA DE FOTOS


xoves, 21 de abril de 2016

25/04: I FEIRA DAS PROFESIÓNS

I FEIRA DE PROFESIÓNS

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
A feira pretende ser un encontro informal entre os profesionais e os estudantes, para que nun diálogo aberto poidan resolver as dúbidas sobre o exercicio profesional e posibles itinerarios de formación tanto universitaria como de ciclos superiores.

Grazas a tódolas persoas que colaboran desinteresadamente, a Feira contará con case 70 profesionais de tódalas áreas.

Cándo? 25 de abril de 17:30 a 19:30
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO do IES Rosalía

Teremos 7 aulas, cada unha dedicada a unha área de coñecemento cun número aproximado de 10 profesionais, e entre elas rotarán os estudantes: 
-Aula Arte e Deseño
-Aula Arquitectura, Enxeñaría e Estudos técnicos
-Aula Ciencias Experimentais e Matemáticas
-Aula Ciencias da Saúde
-Aula Ciencias Sociais I
-Aula Ciencias Xurídicas, Administración e Seguridade
-Aula Humanidades e Ciencias Sociais II


Descarga o Folleto da Feira

sábado, 9 de abril de 2016

25 de abril: Feira das profesións para alumnos de Bacharelato e 4º ESO

I FEIRA DE PROFESIÓNS

Cándo? 25 de abril de 17:30 a 20:00 (aproximadamente)
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO



Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?




A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.

Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).
Grazas! Temos posta moita ilusión nesta Feira

venres, 8 de abril de 2016

luns, 4 de abril de 2016

Entrevista-coloquio SCQ+ sobre o Cambio Educativo (6 abril 18h)

O mércores 6 de abril ás 18h celebrarase no IES Rosalía a primeira entrevista-coloquio SCQ+ sobre o cambio educativo.
Participarán:
-Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e Forense da Universidade de Santiago
-Yolanda Neira, mestra no CRA de Vedra
-Xosé Manuel Dopazo, profesor no IES Maruxa Mallo de Ordes
-M. Josefa Lorenzo, especialista en pedagoxía terapéutica no IES Campo de San Alberto de Noia

A entrevista-coloquio está aberta ao público