Conferencia: EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE
Data: martes 7 de xuño ás 18:00h
Lugar: Biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago, na Avda Xoán XXIII
Organiza: Federación ANPAS de Compostela e Concello de Santiago
Esta conferencia vai dirixida a nais e pais é consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que tratan de reflexionar sobra a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.
Educar na igualdade e na diversidade non sempre é cousa sinxela, pero a Educación Sexual perfílase como unha ferramenta eficaz que permite entender a diversidade dos sexos e as súas interaccións, para así construír relacións sans, igualitarias e facer as vivencias de cada quen positivas. O obxectivo deste encontro é que cada un/ha de nós atopemos as chaves para educar ás nosas crianzas do xeito que cremos mellor.
A entrada é libre e non precisades inscribirvos, pero se queredes traer ás vosas crianzas, para as que teremos organizado un servizo de ludoteca, necesitamos sabelo de antemán. Podedes comunicalo a
anpascompostela@gmail.com.