luns, 3 de decembro de 2018

Composición da ANPA (20/11/2018)

O 20 de novembro de 2018 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
  • Presidenta: María José Carreira
  • Vicepresidente: José Ramón Estévez
  • Secretaria: Begoña Ares
  • Tesoureiro: Ernesto Saavedra
  • Vogais: Carmen Boo, Alfonso Carballo, Maite Fajardo, Pilar Fernández, Suso Fernández, Pilar González, Rogelio López, Sonia Veiras
Damos a benvida ás novas incorporacións (Begoña, Maite, Rogelio e Carmen) e agradecemos o traballo realizado por Lourenzo, Carmen, Isabel e Manuel.
A ANPA (a falta de Rogelio) no cóctel posterior á Feira das Profesións en xaneiro de 2019

xoves, 15 de novembro de 2018

Asemblea Xeral ANPA

Curso 2018/2019
Convocatoria
I ASAMBLEA XERAL DA ANPA IES ROSALIA DE CASTRO
Convócanse a todos os socios da ANPA do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a I Asamblea Xeral da ANPA do curso 2018-19, a celebrar o 

Día: 20 de novembro de 2018
Hora: 19:30 h
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula 14 PB (Planta Baixa)
 

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Informe da presidenta
3. Informe de contas curso 2017-18
4. Renovación de vacantes na xunta directiva*
5. Actividades curso 18-19
6. Rolda aberta de intervencións


*Hai varios postos vacantes na directiva. As/Os interesadas/os deben enviar un correo electrónico ao enderezo anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es ou ben presentarse directamente na asemblea xeral.

Documentos:

mércores, 19 de setembro de 2018

Semana de portas abertas extraescolares

A próxima semana (24-28 setembro) estamos organizando as xornadas de portas abertas de extraescolares no seu horario habitual. 
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:

Martes 13:30: Técnicas de estudo (confirmada)
Martes 13:30: Makers (aula de tecnoloxía, confirmada)
Xoves 13:30: Programación e robótica (confirmada)
Venres 16:30: Fotografía (confirmada)
Venres 16:30 Aikido (confirmada)

Recordamos que as actividades que non teñan suficiente número de interesad@s serán canceladas.
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2018/19 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.

domingo, 9 de setembro de 2018

Actividades extraescolares curso 2018-19

Estimadas nais e pais,
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades que temos programado para o curso 2018/19:

Día/Hora
Actividade
Comentarios
Martes
13:30 a 14:30
(só 1º trimestre)
Técnicas de estudo-1º-2º ESO
10-15 persoas
Custe: 48€/trimestre
Martes
13:30 a 14:30
*Makers: innovación para cambiar o mundo (construción dun proxecto tecnolóxico usando electrónica, ciencia, robótica, programación,...)
10-15 persoas
Custe: 45€/mes (inclúe material)
Mércores
16:30 a 17:30
*CXR: Comunicación, Xornalismo e Redes (Recopilar información, analizar os datos e compartilos para desenvolver persoas comprometidas co individuo e co entorno)
10-15 persoas
Custe: 50€/mes (+ matrícula inicial de 50€/familia)
Desconto do 15% para irmáns
Mércores
17:00 a 19:00 o 19:00-21:00
Mentes inquietas (desenvolvemento persoal a través da ciencia, programación, literatura, creatividade, comunicación, ...)
10-15 persoas
Custe: 65€/mes (+matrícula inicial de 50€/familia)
Desconto do 15% para irmáns
Xoves
13:30 a 14:30
*Programación e robótica
10-15 persoas
Custe: 18€/mes
Venres
16:30 a 17:30
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
10-15 persoas
Custe: 50€/trimestre
Venres
16:30 a 17:30
*Aikido(concentración e defensa persoal)
Xoan López Rico
10-15 persoas
Custe: 15€/mes
As actividades marcadas cun * programaranse o segundo e tercer trimestre dependendo da demanda.

Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario. Caso de interesarvos a actividade pero non o horario, existe un campo no formulario para indicalo. Se vos interesan outro tipo de actividades que se poidan programar, tamén podedes encher o formulario.
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2018/19 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.
Ademais destas actividades, o Instituto organiza outras actividades. Deberedes preguntar en secretaría ao inicio do curso e estar atentos aos carteis que se poñerán nos taboleiros das aulas:
  • a aula de teatro
  • o coro e
  • a orquestra do instituto, ensaia os luns na hora de titoría, que se fai coincidir para tódolos cursos para facilitar a asistencia dos rapaces aos ensaios.
  • o clube de lectura
CURSOS DE INGLÉS:
  • Nas horas da mediodía se organizan os cursos de inglés para obter os certificados de Cambridge ou Oxford (Trinity College) impartidos por unha academie de idiomas. A información a xestiona o instituto e se notifica a todos os alumnos ao principio de curso. Horarios 1º-2º ESO: martes 13:35-14:25 e xoves 14:25-15:15. Horarios 3º-4º ESO: martes 14:25-15:15 e xoves 13:35-14:25. Horarios 1º-2ºBACH: Luns 13:35-14:25 e mércores 14:25-15:15.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
 PARA CALQUERA DÚBIDA, ESCRIBIDE UN CORREO A anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es

venres, 3 de agosto de 2018

Inscrición ANPA curso 2018-19

INSCRICIÓN DENTRO DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (xuño-xullo 2018)
  • O impreso de inscrición na ANPA para o curso 2018-19 vai incluído no sobre de matrícula.
  • O pagamento da cota da ANPA de inicio de curso (xunto co seguro escolar, obrigatorio a partir de 3º ESO) debe facerse co impreso de abono de taxas incluído polo Instituto no sobre de matrícula. De facer o pago por internet, debe incluírse igualmente no sobre de matrícula o impreso de abono de taxas debidamente cuberto e axuntar o xustificante de pago. MOI IMPORTANTE: Poñer no concepto: TAXAS-APELIDOS ALUMNO/A. No seguinte enlace tendes o impreso de inscrición (é o mesmo que vai no sobre de matrícula): Enlace a formulario inscrición ANPA curso 2018-19 (incluido no sobre de matrícula)
INSCRICIÓN FORA DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (durante o curso)

martes, 31 de xullo de 2018

Extraescolares curso 2018-19

Estimadas nais e pais,
A inscrición nas actividades extraescolares farase en setembro, pero en principio as que temos programadas (sempre que exista un número suficiente de alumnos) son as seguintes. A primeira semana de setembro abriremos a inscrición e poñeremos máis información sobre cada actividade e o seu custe.

luns, 2 de xullo de 2018

Intercambio SOLIDARIO de libros curso 2018/19

A ANPA pon en marcha un sistema on-line de intercambio solidario de libros para aquelas familias que non sexan beneficiarias do banco solidario de libros da Xunta de Galicia nin das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas solicitudes as tramita directamente o Instituto.
O procedemento será o seguinte:
PRIMEIRO PASO: Enche o FORMULARIO ON-LINE DE DOAZÓN/SOLICITUDE (facendo clic no enlace amarelo anterior) indicando os libros que doas e os que se solicitas. Podedes doar libros aínda que non solicitedes ningún. Moi importante: poñer un correo-e de contacto que consultes habitualmente.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: O formulario estará aberto ata o 1 de xullo 2018
FAMILIAS CON VARIOS FILLOS: Débese cubrir un formulario para cada un deles.
E DESPOIS? Enviaremos por correo-e a cada familia solicitante de libros un correo de contacto da familia que cede ese lote de libros para o curso solicitado. Despois serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os posibles cambios/cesións. A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.

QUEREMOS RESALTARN QUE ESTE É UN INTERCAMBIO SOLIDARIO, O QUE SIGNIFICA QUE UNHA VEZ SE ASIGNE UN LOTE DE LIBROS, AÍNDA QUE NON TEÑADES RECIBIDO O QUE SOLICITADES, TEDES QUE DOALO Á FAMILIA DESIGNADA. AQUELES INSCRITOS QUE XA TEÑAN CEDIDO OS LIBROS A OUTRAS FAMILIAS SEN ESTAR INSCRITAS NA LISTA DE INTERCAMBIOS SERÁN ELIMINADAS DA LISTAXE DE BANCO DE LIBROS. PRIORIZARASE SEMPRE ÁS FAMILIAS QUE DOAN LOTES DE LIBROS SOBRE AS QUE NON O FAN.

Podes consultar o listado de libros do curso 2018-19 na web do Instituto:
http://iesrosalia.net/index.php/novas-e-eventos/342-libros-de-texto-curso-2018-19 

venres, 1 de xuño de 2018

30 de xuño: Conferencia de Javier Urra: "Educar con criterio e algo máis"

“La red es un instrumento más, y el joven que causa ciberbullying a través de las redes sociales también lo hace en el colegio” 

A charla, organizada polo CPEIG, celebrarase ás 12:00 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura no marco da 4º Olimpíada de Robótica de Galicia

O psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Justicia, especializado en psicoloxía clínica e psicoterapia – acreditado por la Federación Europea de Asociaciones de Psicólogos– e pedagogo terapeuta, explicará aos pais e nais asistentes á charla o esencial para educar aos seus fillos con criterio. Falará de prevención e intervención, da necesidade do contacto pel con pel e do contacto na rede.

Javier Urra pregúntase se os pais e nais de hoxe en día están capacitados para educar aos seus fillos. Segundo o experto, actualmente existen diversos tipos de pais e nais, que se caracterizan por ser inmaduros, sobreprotectores que queren mercar o cariños dos seus fillo ou que acceden á chantaxe dos rapaces, pais que non queren ser auctoritas, ou pais e nais que non saben educar e non teñen criterios. Neste último grupo centrarase Urra na súa exposición.

O psicólogo explicará aos asistentes como poñer límites aos máis pequenos e dicir que non. Ademais, sinalará os valores máis destacados que todo pai ou nai debe ensinar ao seu fillo: autonomía, responsabilidade, xustiza, conciencia pola problemática social, ser sensible coa natureza, gozar coa beleza, ou estimular a creatividade e espiritualidade. “Los padres deben marcar limitadores de deseos para orientar la conducta de sus hijos. Lo importante es hacer ciudadanos, no clientes” –destaca–. 

En canto ao papel de Internet, Urra indica que se debe ensinar aos nenos e nenas a ter respecto polos demais e pedir perdón. “La red es un instrumento más, y el joven que causa ciberbullying a través de las redes sociales también lo hace en el colegio”–considera o experto–. 

III Campus Científico IES Rosalía - USC

III Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza a terceira edición do Campus Científico do 25 ao 29 de xuño de 2018.
O campus estará dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO ou de 1º BACH do IES Rosalía de Castro, e consistirá en actividades TOTALMENTE PRÁCTICAS deseñadas polas facultades e escola para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.
Custe: O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata rematar as prazas, avisarase a cada alumn@ da cantidade e forma de pago).

PROGRAMA DE ACTIVIDADES do III Campus (xuño 2018)

SANTIAGO! URBAN SUMMER CAMP

Un ano mais a Fundación FEDESA, na que participa o IES Rosalía de Castro, organiza o
SANTIAGO!! URBAN SUMMER CAMP
Do 25 de xuño ao 31 de xullo.
Toda a información no díptico informativo a través do seguinte enlace: DÍPTICO e tamén na web do Instituto
Outras actividades organizadas por FEDESA:

luns, 28 de maio de 2018

Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Información na páxina web do Instituto

Información na páxina da Xunta de Galicia

O prazo remata o 22 de xuño de 2018

xoves, 17 de maio de 2018

Gala Solidaria pola Esclerose Múltiple (30 maio 19h)

O próximo 30 de maio de 2018, ás 19h, os alumnos de 1º de Bacharelato Internacional, dentro da materia CAS (Creatividade, Acitividade e Servizo) organizan a:
Gala solidaria pola Esclerose Múltiple
coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Consulta o Programa da Gala

As entradas véndense anticipadamente no Instituto e tamén estarán á venda o mesmo día dende as 18h na porta principal do IES Rosalía de Castro.
Prezos das entradas:
  • Entrada xeral: 4€
  • Entrada para o alumnado: 2€
  • Fila 0: Donativo en caso de non poder asistir
Os ingresos obtidos con esta gala doaranse íntegros á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

venres, 11 de maio de 2018

III Campus Tecnolóxico USC-PlayCode

III edición do Campus Tecnolóxico de Play Code Academy desenvolvido nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
Dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos
Datas:
Un único turno do 25 ao 29 de xuño (de luns a venres)
(¡Plazas limitadas!)
Horario:
O horario (dos 5 días) será de 9:00 a 14:00 con opción de madrugadores.
Máis información e inscrición en: https://playcodeacademy.com/campus-de-verano-universidad-de-santiago/

II Training Camp Naturbasket Rosalía

LLEGA LA SEGUNDA EDICIÓN DEL "TRAINING CAMP NATURBASKET ROSALÍA"
La localidad asturiana de Cangas de Narcea acogerá del 21 al 28 de julio el "Naturbasket Rosalía" para jugadores nacidos entre 1996 y 2007 organizado por FEDESA y el ayuntamiento de Cangas de Narcea.  

Contacto:
Enderezo-e: naturbasketrosa@gmail.com
Twitter: @naturbasketrosa
Facebook (enlace a formulario de inscrición): NaturbasketRosalía

mércores, 31 de xaneiro de 2018

Charla 6 febreiro: Uso seguro e responsable das TIC


Charla: Uso seguro e responsable das TIC
Cibercooperante: Beatriz Calavia Rodríguez
Data e hora: 6 de febreiro de 2018 ás 20h
Lugar: Aula 5 do IES Rosalía de Castro

A charla está dirixida ás familias en xeral, nais, pais, fillos e fillas. 
Con motivo da celebración do Día de Internet Segura o 6 de febreiro, teremos esta charla solicitada ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) dentro do seu programa de Cibercooperantes (www.is4k.es/programas/cibercooperantes)

Aconsellamos ás familias visitar a página do INCIBE Internet Segura for Kids https://www.is4k.es/ onde se dan moitos consellos e se explican as distintas formas de acoso polas redes.


mércores, 24 de xaneiro de 2018

III Feira das profesións

Confirmada a participación de máis de 90 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o 29 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.
A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro. 

Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
  • Aula Arte e Deseño: arte dramático, artes plásticas,  deseño e música
  • Aula Humanidades: Arqueoloxía, Historia, Historia da Arte, Filosofía, Literatura, Linguas, Tradución
  • Aula Enxeñaría e Arquitetura: arquitetura, enxeñaría agronóma, enxeñaría industrial, enxeñaría informática, enxeñaría química, enxeñaría de telecomunicacións
  • Aula Ciencias: bioloxía, física, matemáticas, química
  • Aula Ciencias da Saúde I: enfermaría, farmacia, fisioterapia, nutrición, óptica, psicoloxía. 
  • Aula Ciencias da Saúde II: investigación médica, medicina (cirurxán cardiovascular, neurocirurxán, radiólogo, anestesista), odontoloxía, veterinaria, etoloxía. 
  • Aula Ciencias Sociais I: políticas, economía, empresa, publicidade, INEF, xornalismo, comunicación
  • Aula Ciencias Sociais II: turismo, traballo social, educación primaria, xeografía
  • Aula Ciencias Xurídicas I: avogados, maxistrada, procuradora, fiscal
  • Aula Ciencias Xurídicas II: criminoloxía, facenda, notaría, relacións internacionais, policía, forzas armadas