A ANPA pon en marcha un sistema on-line de intercambio solidario de libros para aquelas familias que non
sexan beneficiarias do banco solidario de libros da Xunta de Galicia
nin das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas solicitudes as tramita directamente o Instituto.
O procedemento será o seguinte:
PRIMEIRO PASO: Enche o FORMULARIO ON-LINE DE DOAZÓN/SOLICITUDE (facendo clic no enlace amarelo anterior) indicando os libros que doas e os que se solicitas. Podedes doar libros aínda que non solicitedes ningún. Moi importante: poñer un correo-e de contacto que consultes habitualmente.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: O formulario estará aberto ata o 1 de xullo 2018.
FAMILIAS CON VARIOS FILLOS: Débese cubrir un formulario para cada un deles.
E DESPOIS? Enviaremos
por correo-e a cada familia solicitante de libros un correo de contacto da familia que cede ese lote de libros para o curso solicitado. Despois
serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os
posibles cambios/cesións. A ANPA non se fai responsable de realizar
ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.
QUEREMOS RESALTARN QUE ESTE É UN INTERCAMBIO SOLIDARIO, O QUE SIGNIFICA QUE UNHA VEZ SE ASIGNE UN LOTE DE LIBROS, AÍNDA QUE NON TEÑADES RECIBIDO O QUE SOLICITADES, TEDES QUE DOALO Á FAMILIA DESIGNADA. AQUELES INSCRITOS QUE XA TEÑAN CEDIDO OS LIBROS A OUTRAS FAMILIAS SEN ESTAR INSCRITAS NA LISTA DE INTERCAMBIOS SERÁN ELIMINADAS DA LISTAXE DE BANCO DE LIBROS. PRIORIZARASE SEMPRE ÁS FAMILIAS QUE DOAN LOTES DE LIBROS SOBRE AS QUE NON O FAN.
Podes consultar o listado de libros do curso 2018-19 na web do Instituto:
http://iesrosalia.net/index.php/novas-e-eventos/342-libros-de-texto-curso-2018-19

Tengo algunos libros de 2 de la ESO que podría donar como puedo hacer?
ResponderEliminar