Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

mércores, 30 de xaneiro de 2019

IV Feira das profesións: álbum de fotos

Dende a directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todos os profesionais, dirección do instituto, profesorado, alumnos e alumnas polo voso interese e participación. Entre todos temos logrado que a Feira sexa un éxito que xa vai pola súa cuarta edición.
 
A ANPA case ao completo (falta Rogelio) no Café Casino, onde a dirección
do Instituto organizou un coctel para os invitados.


Unha pequena mostra da grande actividade que tivo lugar este luns: Álbum de fotos

luns, 21 de xaneiro de 2019

IV Feira das Profesións

Confirmada a participación de 90 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o luns 28 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.
A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro. 

Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
  • Aula Arte e Humanidades: Artes plásticas,  Deseño, Música, Historia, Historia da Arte, Filosofía, Literatura, Linguas, Tradución
  • Aula Enxeñaría e Arquitetura: aeronáutica, arquitetura, enxeñaría agronóma, enxeñaría industrial, enxeñaría informática, enxeñaría química, enxeñaría da enerxía, robótica, videoxogos, CS de formación profesional
  • Aula Ciencias: bioloxía, física, matemáticas, química, biotecnoloxía
  • Aula Ciencias da Saúde I: enfermaría, farmacia, fisioterapia, rehabilitación, óptica, psicoloxía, veterinaria.
  • Aula Ciencias da Saúde II: investigación médica, medicina (cirurxán cardiovascular, neurocirurxán, radiólogo, anestesista, neurólogo, rehabilitador, oftalmólogo), odontoloxía. 
  • Aula Ciencias Sociais: políticas, economía, empresa, publicidade, recursos humáns, INEF, xornalismo, turismo, hostelaría, mediación, traballo social, educación primaria, xeografía
  • Aula Ciencias Xurídicas: avogados, maxistrada, procuradora, fiscal, criminoloxía, facenda, notaría, relacións internacionais, policía, forzas armadas

venres, 11 de xaneiro de 2019

IV Feira das profesións. PARTICIPA!!!

Cándo? LUNS 28 DE XANEIRO DE 2019 de 17:30 a 19:00
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos e fillas nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).