Confirmada a participación de 90 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o luns 28 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro.
Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
- Aula Arte e Humanidades: Artes plásticas, Deseño, Música, Historia, Historia da Arte, Filosofía, Literatura, Linguas, Tradución
- Aula Enxeñaría e Arquitetura: aeronáutica, arquitetura, enxeñaría agronóma, enxeñaría industrial, enxeñaría informática, enxeñaría química, enxeñaría da enerxía, robótica, videoxogos, CS de formación profesional
- Aula Ciencias: bioloxía, física, matemáticas, química, biotecnoloxía
- Aula Ciencias da Saúde I: enfermaría, farmacia, fisioterapia, rehabilitación, óptica, psicoloxía, veterinaria.
- Aula Ciencias da Saúde II: investigación médica, medicina (cirurxán cardiovascular, neurocirurxán, radiólogo, anestesista, neurólogo, rehabilitador, oftalmólogo), odontoloxía.
- Aula Ciencias Sociais: políticas, economía, empresa, publicidade, recursos humáns, INEF, xornalismo, turismo, hostelaría, mediación, traballo social, educación primaria, xeografía
- Aula Ciencias Xurídicas: avogados, maxistrada, procuradora, fiscal, criminoloxía, facenda, notaría, relacións internacionais, policía, forzas armadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario