mércores, 31 de xaneiro de 2018
Charla 6 febreiro: Uso seguro e responsable das TIC
Charla: Uso seguro e responsable das TIC
Cibercooperante: Beatriz Calavia Rodríguez
Data e hora: 6 de febreiro de 2018 ás 20h
Lugar: Aula 5 do IES Rosalía de Castro
A charla está dirixida ás familias en xeral, nais, pais, fillos e fillas.
Con motivo da celebración do Día de Internet Segura o 6 de febreiro, teremos esta charla solicitada ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) dentro do seu programa de Cibercooperantes (www.is4k.es/programas/cibercooperantes)
Aconsellamos ás familias visitar a página do INCIBE Internet Segura for Kids https://www.is4k.es/ onde se dan moitos consellos e se explican as distintas formas de acoso polas redes.
mércores, 24 de xaneiro de 2018
III Feira das profesións
Confirmada a participación de máis de 90 profesionais
Recordade que a feira celebrarase o 29 de xaneiro de 17:30 a 19:00 na planta alta do IES Rosalía de Castro.A feira está dirixida principalmente a estudantes de bacharelato e 4º ESO, pero pode asistir calquera estudante do IES Rosalía de Castro.
Como o curso pasado, distribuirase por aulas:
- Aula Arte e Deseño: arte dramático, artes plásticas, deseño e música
- Aula Humanidades: Arqueoloxía, Historia, Historia da Arte, Filosofía, Literatura, Linguas, Tradución
- Aula Enxeñaría e Arquitetura: arquitetura, enxeñaría agronóma, enxeñaría industrial, enxeñaría informática, enxeñaría química, enxeñaría de telecomunicacións
- Aula Ciencias: bioloxía, física, matemáticas, química
- Aula Ciencias da Saúde I: enfermaría, farmacia, fisioterapia, nutrición, óptica, psicoloxía.
- Aula Ciencias da Saúde II: investigación médica, medicina (cirurxán cardiovascular, neurocirurxán, radiólogo, anestesista), odontoloxía, veterinaria, etoloxía.
- Aula Ciencias Sociais I: políticas, economía, empresa, publicidade, INEF, xornalismo, comunicación
- Aula Ciencias Sociais II: turismo, traballo social, educación primaria, xeografía
- Aula Ciencias Xurídicas I: avogados, maxistrada, procuradora, fiscal
- Aula Ciencias Xurídicas II: criminoloxía, facenda, notaría, relacións internacionais, policía, forzas armadas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)