Cándo? 25 de abril de 17:30 a 20:00 (aproximadamente)
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO
Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?
A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).
Grazas! Temos posta moita ilusión nesta Feira
Ningún comentario:
Publicar un comentario