martes, 18 de xuño de 2019

Doazón e solicitude de libros curso 2019-20

A ANPA pon en marcha un sistema on-line de doazón e solicitude de libros para aquelas familias que NON sexan beneficiarias do banco solidario de libros da Xunta de Galicia nin das axudas para adquisición de libros de texto da Xunta de Galicia. Estas solicitudes as tramita directamente o Instituto.
O procedemento será o seguinte:
PRIMEIRO PASO: Enche o FORMULARIO ON-LINE DE DOAZÓN/SOLICITUDE (facendo clic no enlace amarelo anterior) indicando os libros que doas e os que se solicitas. Podedes doar libros aínda que non solicitedes ningún. Moi importante: poñer un correo-e de contacto que consultes habitualmente.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: O formulario estará aberto ata o 2 de xullo 2019
FAMILIAS CON VARIOS FILLOS: Débese cubrir un formulario para cada un deles.
E DESPOIS? Enviaremos por correo-e a cada familia solicitante de libros un correo de contacto da familia que cede ese lote de libros para o curso solicitado. Despois serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os posibles cambios/cesións. A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.

QUEREMOS RESALTAR QUE ESTA É UNHA DOAZÓN SOLIDARIA, O QUE SIGNIFICA QUE UNHA VEZ SE ASIGNE UN LOTE DE LIBROS, AÍNDA QUE NON TEÑADES RECIBIDO O QUE SOLICITADES, TEDES QUE DOALO Á FAMILIA DESIGNADA.
AQUELES INSCRITOS QUE XA TEÑAN CEDIDO OS LIBROS A OUTRAS FAMILIAS SEN ESTAR INSCRITAS NA LISTA DE SOLICITUDES SERÁN ELIMINADAS DA LISTAXE DE BANCO DE LIBROS. PRIORIZARASE SEMPRE ÁS FAMILIAS QUE DOAN LOTES DE LIBROS SOBRE AS QUE NON O FAN.

Podes consultar o listado de libros do curso 2018-19 na web do Instituto, á espera de que se publique a listaxe para o próximo curso 2019-20:
http://iesrosalia.net/index.php/novas-e-eventos/342-libros-de-texto-curso-2018-19 

Ningún comentario:

Publicar un comentario