Ábrese o prazo de inscrición para as actividades que temos programado para o curso 2019/20 (comezarán en outubro):
Día/Hora
|
Actividade
|
Comentarios
|
Martes
13:30 a 14:30 (só 1º trimestre) |
Técnicas
de estudo-1º-2º ESO
|
10-15
persoas
Custe: 48€/trimestre
|
Venres
16:30 a 17:30
|
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
|
10-15
persoas
Custe: 50€/trimestre
|
Venres
16:30 a 17:30
|
*Aikido(concentración e defensa persoal)
|
10-15
persoas
Custe: 30€/trimestre
|
Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario.
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:
PARA CALQUERA DÚBIDA, ESCRIBIDE UN CORREO A anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO INSTITUTO: Deberedes preguntar en secretaría ao inicio do curso e estar atentos aos carteis que se poñerán nos taboleiros das aulas:
- a aula de teatro
- o coro e
- a orquestra do instituto, ensaia os luns na hora de titoría, que se fai coincidir para tódolos cursos para facilitar a asistencia dos rapaces aos ensaios.
- o clube de lectura
- o clube de ciencia
- Cursos de inglés:
- Nas horas da mediodía o Instituto organiza os cursos de inglés para obter os certificados de Cambridge ou Oxford (Trinity College) impartidos por unha academia de idiomas. Se informa a todos os alumnos ao principio de curso. Horarios 1º-2º ESO: martes 13:35-14:25 e xoves 14:25-15:15. Horarios 3º-4º ESO: martes 14:25-15:15 e xoves 13:35-14:25. Horarios 1º-2ºBACH: Luns 13:35-14:25 e mércores 14:25-15:15.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
- No Instituto entrena o Clube de Baloncesto Fedesa (Instituto Rosalía e Pío XII). Preguntade no clube sobre as inscricións.
- Balonmán Ribadosar para nados ente os anos 2000 e 2012 (ambos incluídos). Información na páxina do clube http://www.ribadosar.es/.
- Voleibol CD Conxo. Contacto: Salvador Forján (salvaforjan@gmail.com, 620309012)
- Quidditch Lumos Compostela. Contacto: (quidditchcompostela@gmail.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario