mércores, 20 de maio de 2026
luns, 12 de xaneiro de 2026
xoves, 22 de maio de 2025
luns, 16 de decembro de 2024
luns, 18 de novembro de 2024
domingo, 27 de outubro de 2024
Composición da ANPA (novembro 2023)
- Presidente: Eugenio Muñoz Doyague
- Vicepresidenta: Ana Codesido
- Secretaria: Concepción Miguélez
- Tesoureiro: Xabier Campos Villar
- Vogais: Teresa Neira
venres, 19 de novembro de 2021
Acta da asemblea anual ordinaria da ANPA do 4/11/2021
Publicamos a acta da asemblea ordinaria da ANPA do instituto Rosalía de Castro, celebrada o 4 de novembro de 2021.
martes, 26 de outubro de 2021
Convocatoria de Asemblea Anual Ordinaria 2021
Lugar de celebración: Salón de Actos IES Rosalía de Castro
Data: Xoves 4 de Novembro de 2021
Hora: 19.00 Primeira convocatoria; 19.30 Segunda convocatoria
Orde do dia:
- Presentación Xunta Directiva ANPA actual.
- Informe de Actividades.
- Informe de Tesouraría.
- Renovación membros Xunta Directiva.
- Solicitude de colaboración co centro para impartir Curso de Xestión Emocional a cursos de ESO.
- Actividades extraescolares: situación actual
- Banco de Libros: Incidencias e propostas de organización para próximo curso
- Rogos e preguntas
xoves, 29 de xullo de 2021
Intercambio de libros 2021-22
Informamos que en breve estarán elaboradas as listaxes do intercambio de libros para o curso 2021-2022.
Indicaremos a través deste blog cando deixaremos información no Instituto sobre a relación definitiva e contactos para o intercambio de libros.
Grazas a todxs pola vosa colaboración!
domingo, 11 de xullo de 2021
Información sobre o Consello Escolar e reunión da directiva da ANPA
Pola súa parte na reunión da ANPA acordamos, entre outros temas, convocar a asamblea de socios/as a principios de curso.
xoves, 20 de maio de 2021
Cambio nas datas dos exames de recuperación. Proposta da Consellería de Educación
Desde a ANPA do IES Rosalía de Castro transmitímoslle á FANPA a nosa disposición a colaborar e participar nas actuacións que colectivamente consideremos necesarias. Se xurde demanda de debate ou negociación por parte das familias, a ANPA do IES Rosalía de Castro ofreceuse a servir como enlace coa FANPA.
Compostela, a 20 de maio de 2021
xoves, 17 de decembro de 2020
Demanda de mellora da comunicación do profesorado cos pais e nais
Transcorrido case un trimestre deste curso 2020/2021, as restricións e condicionamentos derivados da COVID está tendo consecuencias negativas na comunicación das nais e pais co profesorado dos nosos fillos/as. O sistema do ABALAR estase demostrando unha ferramenta moi pouco apropiada para esta finalidade.
Esta preocupación, que nos fan chegar pais e nais, foille trasladada á dirección do centro coa demanda de que se arbitren, coa maior celeridade posible, medidas para mellorar as canles de comunicación co profesorado, o que redundaría en beneficios de todos.
Aprazamento da Asemblea Ordinaria 2019
Estimados socios,
Estimadas socias,
Segundo o establecido nos Estatutos da Asociación de nais e pais do alumnado do IES Rosalia de Castro, a asemblea anual ordinaria da Asociación debe celebrarse no último trimestre do ano. Este ano, debido ás circunstancias actuais, e despois de valorar posibles alternativas, a Xunta Directiva considerou oportuno aprazar a súa celebración, coa previsión de poder convocar dita Asemblea no mes de xaneiro, condicionado, en todo caso, a que as restricións das autoridades e as condicións sanitarias o permitan.
Agardamos a vosa compresión.
venres, 25 de setembro de 2020
Información Consello Escolar 23/09/2020
“Si, hai aulas valeiras (5 e 9 por exemplo) e en todo caso, no adoitan coincidir máis de dous alumnos á mesma hora con exención.
De momento, non se planifican actividades extraescolares. Respecto á preparación de exames de nivel de idioma, de momento tampouco se van iniciar, aínda que non se descarta que poidan organizarse cando se estabilice a marcha do curso. Por agora non é viable debido a que é necesario un espazo de tempo entre as quendas de mañá e tarde para a asepsia das aulas”.
“A formación en ferramentas dixitais foi impartida ao profesorado. Durante a primeira semana de clase traballarase simultaneamente con ferramentas presenciais e on-line para testar que o manexo e a accesibilidade do alumnado son adecuados”.
“De momento sábese que o Conservatorio habilitará clases en horario de mañá. As normas fronte á Covid-19 rexen para todos os centros de ensino e todas as actividades de grupo. O esperable é que tamén sexa necesario o desdobre de grupos en academias e non é improbable que se abran grupos en horario de mañá. Ata agora, a normalidade era que o alumnado estivese nos seus centros educativos polas mañás, polo que todas as actividades citadas se desenvolvían pola tarde. Obviamente, no pode asegurarse pero parece plausible que se inicien estas actividades en horario de mañá.
“Así é. Valoráronse varios edificios: San Martiño Pinario, Mestre Mateo e San Clemente. A realidade é que hai que recolocar a máis de 300 alumnos e os espazos citados no son suficientes para ese volume de persoas. Aínda no caso de que o espazo fose suficiente, non sería viable para o profesorado (ubicado no claustro do Rosalía de Castro) realizar a tempo os desprazamentos aos distintos edificios para impartir as clases con puntualidade.
venres, 18 de setembro de 2020
Nota informativa intercambio de libros
Información para as familias anotadas para o intercambio de libros.
Inicialmente desestimáronse as peticións de libros que no ofrecían ningún a cambio, agás no caso de 1°ESO no que puidéronse resolver 15 das 28 solicitudes.
Un importante motivo de bloqueo e de obstáculo atopámolo no 2° curso de Bacharelato. O alumnado do centro "esquece" doar os seus libros ou directamente póñennos á venda. Así xéranse moitas reticencias para obter cesións de libros de 1° Bacharelato dado que solicitan os de 2° y non dispoñemos deles. A cadea de intercambio reséntese a partir de aí.
Moitas grazas ás familias que doan sen esperar obrigatoriamente recibir libros a cambio, aínda que intentamos que así sexa.
No momento actual dispoñemos dalgúns libros de 2° de Bacharelato de Sociais (lote incompleto).
Sentimos non poder satisfacer o 100% das solicitudes.
martes, 15 de setembro de 2020
Posicionamento da Xunta Directiva da ANPA diante do incio do curso 2020-2021
A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do I.E.S. Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, reunida o xoves 10 de setembro, diante da confusión e incerteza xerada sobre o inicio do curso 2020-2021, manifesta o seguinte:
- En primeiro lugar, criticamos a falta de previsión e a indefinición na que se está a mover, organizativamente, o inicio do curso académico, con protocolos que se modifican e se aproban en datas tan próximas ao inicio do curso que imposibilitan a implementación das medidas por parte dos centros educativos, polo que a nós respecta, do I.E.S. Rosalía de Castro.
- En segundo lugar, amosar o nosa firme aposta e o noso convencemento de que o modelo educativo a seguir pasa necesariamente pola docencia presencial en todo os niveis educativos, tanto na ESO como no Bacharelato, rexeitando alternativas que non son tales, xa que non garanten un desenvolvemento formativo de calidade dos nosos fillos e fillas. Ditas “alternativas” están unicamente guiadas e responden á máxima de “custe cero” por parte da Consellería de Educación.
- Defendemos e apoiamos a proposta cursada polo equipo directivo do mesmo, que permite un modelo presencial 100%, cos desdobres das aulas proposto, entendendo que sería o máis beneficioso para os/as rapaces/zas.
- Esiximos á Administración Educativa o investimento necesario en canto a dotación de medios materiais e humanos para poder afrontar unha docencia 100% presencial no vindeiro curso. Neste senso, facemos especialmente fincapé na necesidade de dotar ó I.E.S. Rosalía de Castro do persoal docente suficiente para atender a proposta de desdobre das aulas proposta.
As nosas fillas e os nosos fillos merecen que, quen ten nas súas mans a responsabilidade e competencia da organización da súa formación se esforce en buscar solucións aos problemas que aparecen, neste caso derivados do Covid-19, non en crear novos problemas que engadir aos xa existentes. Elas e eles forman parte do noso presente e serán o noso futuro.
(Este texto foi remitido á Xefatura Territorial de A Coruña o Venres 11)
martes, 12 de novembro de 2019
Asemblea xeral ANPA 2019-20
Día: 25 de novembro de 2019
Hora: 20:00 h
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula XX PB (Planta Baixa)
ORDE DO DÍA:
2. Informe da presidenta
5. Renovación de vacantes na xunta directiva*
6. Taquillas
Documentos:
xoves, 20 de xuño de 2019
Extraescolares curso 2019/20
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades que temos programado para o curso 2019/20 (comezarán en outubro):
Día/Hora
|
Actividade
|
Comentarios
|
Martes
13:30 a 14:30 (só 1º trimestre) |
Técnicas
de estudo-1º-2º ESO
|
10-15
persoas
Custe: 48€/trimestre
|
Venres
16:30 a 17:30
|
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
|
10-15
persoas
Custe: 50€/trimestre
|
Venres
16:30 a 17:30
|
*Aikido(concentración e defensa persoal)
|
10-15
persoas
Custe: 30€/trimestre
|
Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario.
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:
PARA CALQUERA DÚBIDA, ESCRIBIDE UN CORREO A anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO INSTITUTO: Deberedes preguntar en secretaría ao inicio do curso e estar atentos aos carteis que se poñerán nos taboleiros das aulas:
- a aula de teatro
- o coro e
- a orquestra do instituto, ensaia os luns na hora de titoría, que se fai coincidir para tódolos cursos para facilitar a asistencia dos rapaces aos ensaios.
- o clube de lectura
- o clube de ciencia
- Cursos de inglés:
- Nas horas da mediodía o Instituto organiza os cursos de inglés para obter os certificados de Cambridge ou Oxford (Trinity College) impartidos por unha academia de idiomas. Se informa a todos os alumnos ao principio de curso. Horarios 1º-2º ESO: martes 13:35-14:25 e xoves 14:25-15:15. Horarios 3º-4º ESO: martes 14:25-15:15 e xoves 13:35-14:25. Horarios 1º-2ºBACH: Luns 13:35-14:25 e mércores 14:25-15:15.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
- No Instituto entrena o Clube de Baloncesto Fedesa (Instituto Rosalía e Pío XII). Preguntade no clube sobre as inscricións.
- Balonmán Ribadosar para nados ente os anos 2000 e 2012 (ambos incluídos). Información na páxina do clube http://www.ribadosar.es/.
- Voleibol CD Conxo. Contacto: Salvador Forján (salvaforjan@gmail.com, 620309012)
- Quidditch Lumos Compostela. Contacto: (quidditchcompostela@gmail.com)


