Onte 23 de setembro tivo lugar unha reunión do Consello Escolar do
instituto na que se deu conta do protocolo do curso 2020-2021 e do que
forman parte dúas persoas membros da ANPA, Carmen Boo (vogal) e Sonia Veiras (presidenta).
Somos conscientes de que non houbo información suficiente por parte da ANPA
durante este período de revisións e cambios de protocolo para o curso, sempre
seguindo as directrices impostas pola Consellería de Educación. Realmente non
era posible difundir información porque non se sabía con certeza se cada
protocolo desenvolvido sería o oficial. Ao longo do verán as directrices
cambiaron con normativas diversas publicadas o 22 de xullo e o 31 de agosto, polo cal o equipo directivo
do centro viuse obrigado a refacer o traballo de dous meses nos primeiros días
deste mes de setembro.
Un cambio fundamental é o horario de tarde do Bacharelato. Recibimos
numerosos mensaxes de preocupación, nerviosismo e desgusto por este
plantexamento. Obviamente non nos encanta este horario a ningún dos que temos
fillos/as no Bacharelato. Esta situación de epidemia é inaudita e, ao menos de
momento, parece que vai a permanecer con nós.
Unha medida fundamental de protección é o distanciamento. Este criterio
(definido polas autoridades por unha distancia entre o alumnado de cando menos
1,5 metros) é unha cuestión FÍSICA e RÍXIDA. As aulas do Rosalía teñen unha
superficie que non é modificable e esa distancia entre o alumnado levaría
inevitablemente a un plan de ensino semipresencial (de forma que a metade dos
alumnos estarían recibindo, en tempo real, a docencia on-line, mentres que a
outra metade acudiría a clase). Ademais da semipresencialidade, en Bacharelato,
a instrución da Consellería foi o desdobre a quenda de tarde, é dicir,
SEMIPRESENCIALIDADE EN QUENDA DE TARDE.
A dirección apostou pola presencialidade ao 100%, desdobrando grupos e
instaurando o horario desde as 16 horas en adiante que, insistimos, non nos
encanta. Temos o compromiso do profesorado para que este curso, coas súas
peculiaridades, se desenvolva da forma máis normal para os nosos fillos e
fillas.
Dimos traslado de varias preguntas e preocupacións que chegaron ao noso
chat e ao correo electrónico da ANPA.
1. Existen espazos onde poida
permanecer o alumnado con exención de algunha materia durante as horas en que
sexan impartidas ao resto da clase?
“Si, hai aulas valeiras (5 e 9 por exemplo) e en todo caso, no adoitan coincidir máis de dous alumnos á mesma hora con exención.
2. Que ocorre coas actividades
extraescolares e a preparación de exames de nivel de idioma?
De momento, non se planifican actividades extraescolares. Respecto á preparación de exames de nivel de idioma, de momento tampouco se van iniciar, aínda que non se descarta que poidan organizarse cando se estabilice a marcha do curso. Por agora non é viable debido a que é necesario un espazo de tempo entre as quendas de mañá e tarde para a asepsia das aulas”.
3. Existe un plan B sólido para o
caso de un novo confinamento? ¿A dirección comprométese a que no caso de novo
confinamento o alumnado retomará inmediatamente o ensino por medios telemáticos?
“A formación en ferramentas dixitais foi impartida ao profesorado. Durante a primeira semana de clase traballarase simultaneamente con ferramentas presenciais e on-line para testar que o manexo e a accesibilidade do alumnado son adecuados”.
4. Horario de tarde. Moitas familias
plantexan a dificultade que suporá para a conciliación familiar, a práctica de
deportes de equipo, as clases de reforzo en academias e o ensino no
Conservatorio de música.
“De momento sábese que o Conservatorio habilitará clases en horario de mañá. As normas fronte á Covid-19 rexen para todos os centros de ensino e todas as actividades de grupo. O esperable é que tamén sexa necesario o desdobre de grupos en academias e non é improbable que se abran grupos en horario de mañá. Ata agora, a normalidade era que o alumnado estivese nos seus centros educativos polas mañás, polo que todas as actividades citadas se desenvolvían pola tarde. Obviamente, no pode asegurarse pero parece plausible que se inicien estas actividades en horario de mañá.
5.Valorouse o uso de espazos
públicos fora do IES Rosalía de Castro como alternativa e como ampliación das
aulas para evitar a quenda de tarde?
“Así é. Valoráronse varios edificios: San Martiño Pinario, Mestre Mateo e San Clemente. A realidade é que hai que recolocar a máis de 300 alumnos e os espazos citados no son suficientes para ese volume de persoas. Aínda no caso de que o espazo fose suficiente, non sería viable para o profesorado (ubicado no claustro do Rosalía de Castro) realizar a tempo os desprazamentos aos distintos edificios para impartir as clases con puntualidade.
Desde a Xunta directiva da ANPA seguimos de cerca o enorme esforzo do
equipo directivo por deseñar este novo curso con todas as súas cambiantes
peculiaridades. Desexamos manifestar o noso agradecemento e apoio. As circunstancias
especiais que estamos vivindo esixen responsabilidade e a aceptación de medidas
que non sempre nos agradan.
bo día,
ResponderEliminaro enderezo electrónico da ANPA da erro. Necesito falar con algún de vos. Por favor escribídeme ao meu enderezo: xesus.garcia@gmail.com
un saúdo