Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

martes, 15 de setembro de 2020

Posicionamento da Xunta Directiva da ANPA diante do incio do curso 2020-2021

A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do I.E.S. Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, reunida o xoves 10 de setembro, diante da confusión e incerteza xerada sobre o inicio do curso 2020-2021, manifesta o seguinte: 

  1. En primeiro lugar, criticamos a falta de previsión e a indefinición na que se está a mover, organizativamente, o inicio do curso académico, con protocolos que se modifican e se aproban en datas tan próximas ao inicio do curso que imposibilitan a implementación das medidas por parte dos centros educativos, polo que a nós respecta, do I.E.S. Rosalía de Castro.
  2. En segundo lugar, amosar o nosa firme aposta e o noso convencemento de que o modelo educativo a seguir pasa necesariamente pola docencia presencial en todo os niveis educativos, tanto na ESO como no Bacharelato, rexeitando alternativas que non son tales, xa que non garanten un desenvolvemento formativo de calidade dos nosos fillos e fillas. Ditas “alternativas” están unicamente guiadas e responden á máxima de “custe cero” por parte da Consellería de Educación. 
  3. Defendemos e apoiamos a proposta cursada polo equipo directivo do mesmo, que permite un modelo presencial 100%, cos desdobres das aulas proposto, entendendo que sería o máis beneficioso para os/as rapaces/zas.
  4. Esiximos á Administración Educativa o investimento necesario en canto a dotación de medios materiais e humanos para poder afrontar unha docencia 100% presencial no vindeiro curso. Neste senso, facemos especialmente fincapé na necesidade de dotar ó I.E.S. Rosalía de Castro do persoal docente suficiente para atender a proposta de desdobre das aulas proposta. 

As nosas fillas e os nosos fillos merecen que, quen ten nas súas mans a responsabilidade e competencia da organización da súa formación se esforce en buscar solucións aos problemas que aparecen, neste caso derivados do Covid-19, non en crear novos problemas que engadir aos xa existentes. Elas e eles forman parte do noso presente e serán o noso futuro. 

(Este texto foi remitido á Xefatura Territorial de A Coruña o Venres 11)

2 comentarios:

  1. Nembargantes non hai alusion ningunha respecto da usurpacion con nocturnidade do dereito dos estudantes de bacharelato de realizar actividades deportivas ou extraescolares tan formativas na persoa coma a escolarización

    ResponderEliminar
  2. Na miña opinión, o horario vespertino de bachiller,tampouco me parece correcto para rapaces desa idade, aparte do impedimento que lles supón de compatibilizar con outras actividades. Noutros institutos rechazaron esa opción.

    ResponderEliminar