xoves, 10 de marzo de 2016

Conferencia Rita Radl: Igualdad de género y educación: aspectos diversos

Mércores 16 de marzo de 2016, 19:30, aula 5 do IES Rosalía de Castro

Catedrática de Socioloxía na Universidade de Santiago
Directora do CIFEX  da USC (Centro Interdisciplinario 
de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero)


Resumen: El presente contexto es ya de por si un contexto de educación y hoy pretendo hablar, si cabe en mayúsculas, de la educación, de la educación y formación humana que se refiere siempre a las personas que se educan y a las que educamos como personas integras, como sujetos en un plano hipotético de igualdad. Por esta razón el tema que planteamos, el que me han pedido, el de "Igualdad de género y educación: aspectos diversos" se va a centrar precisamente en esta cuestión.
En concreto abordamos, en primer lugar, el punto Igualdad, Igualdad en función del género y de las mujeres, para enfocar a continuación la cuestión de la Educación e Igualdad en la actualidad. En el tercer apartado hablaremos del significado de la educación para unas nuevas identidades de género igualitarias.
A continuación, así lo espero, queda espacio para un coloquio, intercambio de ideas y de debate en relación con las ideas expuestas.

mércores, 9 de marzo de 2016

Inmersión lingüística Irlanda e Reino Unido

Convocatoria da reunión

O mércores 9 de marzo de 2016, ás 19:30h tivo lugar unha reunión informativa sobre inmersión lingüística en Irlanda e Reino Unido por parte da empresa Jump into English.

Para esta reunión o Instituto enviou circular aos estudantes que están estudiando actualmente 2º e 3º da ESO, para realizar a estancia o 1º trimestre ou o comezo (7 semanas) do curso 2016-17. 

O director informa de que en caso de ir un trimestre completo, os alumnos non terán que facer os exames da 1ª avaliación.

A empresa facilitou a seguinte información: Información Jump into English

xoves, 3 de marzo de 2016

Inmersión lingüística Canadá, Francia, Alemaña

O xoves 3 de marzo de 2016, ás 19:30h tivo lugar unha reunión informativa sobre inmersión lingüística en CANADÁ por parte de Manuela Mata, da empresa Red Leaf.

Para esta reunión o Instituto enviou circular aos estudantes que están estudiando actualmente 3º da ESO, para realizar a estancia o 1º trimestre do curso 2016-17 (10 semanas). O deseño desta estancia é específico para o IES Rosalía de Castro.

O director informa de que os alumnos que participen non terán que facer os exames da 1ª avaliación. As datas de estancia serán entre a primeira semana de setembro e mediados de novembro de 2016.


O director tamén informou de intercambios de duración variable (1, 2 ou 3 meses) co Lycée Saint François Xavier en Vannes, Francia e  co Grimmelshausen-Gymnasium en Gelnhausen, Alemaña.
De cara a organizar estes intercambios, pediu que os estudantes interesados o comunicaran ao instituto canto antes.


xoves, 18 de febreiro de 2016

Próximas actividades organizadas pola ANPA

Estimados nais e pais da ANPA do IES Rosalía de Castro:


Recentemente ven de incorporarse novos membros á ANPA e comezamos esta etapa renovando o noso compromiso coa educación dos nosos fillos e fillas.



Algunha cuestión que nos plantexamos na última reunión foi a de mellorar a canle de comunicación coas nais e pais usando as redes sociais, e a organización actividades de acordo coa dirección do centro. Tamén nos gustaría que nos tivésedes ao tanto de calquera problema que os voso fillos e fillas poidan ter no Instituto.

As accións que temos abertas son:
  • Redes sociais: inicio do blog, facebook e twitter (acabamos de comezar!!, todos os links ao final desta mensaxe)
  • Reunión co inspector D. Manuel Guerra: 1 de marzo. Facédenos chegar calquera asunto (pregunta, queixa, suxestión, inquedanza...) que vos preocupe e que poida ser tratado na reunión.
  • Organización de actividades:
    • Feira das profesións (orientación profesional para 4º ESO e Bacharelato): abril Actividade de orientación profesional en formato stands. Precisamos para elo a colaboración de todos vos, para que lles presentedes aos alumnos as vosas profesións e a relación cos vosos estudos. En breve enviaremos máis información solicitando colaboracións de perfís concretos.
    • Ciclo de Conferencias (19 de xaneiro: Antón Losada, marzo: Rita Radl, ...). Se pensades que hai algún tema que queirades que se trate ou da que precisemos estar informados as nais e pais, calquera suxestión será ben recibida.
E, por suposto, facédenos chegar as vosas suxestións, queixas,... Para elo podedes usar o correo electrónico ou o formulario de contacto do blog.


Saúdos cordiais


ANPA IES Rosalía de Castro

​correo-e: anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
Blog: http://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/
Twitter: @anpa_iesrosalia
Facebook: https://www.facebook.com/anparosalia.decastro

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Conferencia Antón Losada: Política e Medios de Comunicación na actualidade española: tal para cal?

Conferencia
Política e Medios de Comunicación na actualidade española: tal para cal?
Martes 19 de xaneiro, 19:30, aula 5PA do IES Rosalía de Castro

Antón Losada
Xornalista, escritor e político
Profesor titular de Ciencia Política na Universidade de Santiago

venres, 1 de xaneiro de 2016

Asemblea xeral da ANPA (21/10/2015): nova composición da ANPA

O 21 de outubro de 2015 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
Presidenta: Mª Carmen Lemos
Vicepresidente: José Ramón Estévez
Secretario: 
Tesoureira: Flor Rodríguez
Vogal representante no Consello Escolar: Suso Fernández
Vogais: María José Carreira, Carmen Dourado, Lourenzo Fernández, Pilar Fernández, Lourdes Gulías, Isabel Mancebo, Manuel Midón, Ernesto Saavedra


Tamén se aprobaron as contas do curso anterior, 2014-15.

Acta da asemblea 
Contas do curso 2014-15