Estimados nais e pais da ANPA do IES Rosalía de Castro:
Recentemente ven de incorporarse novos membros á ANPA e comezamos esta etapa renovando o noso compromiso coa educación dos nosos fillos e fillas.
Algunha cuestión que nos plantexamos na última reunión foi a de mellorar a canle de comunicación coas nais e pais usando as redes sociais, e a organización actividades de acordo coa dirección do centro. Tamén nos gustaría que nos tivésedes ao tanto de calquera problema que os voso fillos e fillas poidan ter no Instituto.
As accións que temos abertas son:
- Redes sociais: inicio do blog, facebook e twitter (acabamos de comezar!!, todos os links ao final desta mensaxe)
- Reunión co inspector D. Manuel Guerra: 1 de marzo. Facédenos chegar calquera asunto (pregunta, queixa, suxestión, inquedanza...) que vos preocupe e que poida ser tratado na reunión.
- Organización de actividades:
- Feira das profesións (orientación profesional para 4º ESO e Bacharelato): abril Actividade de orientación profesional en formato stands. Precisamos para elo a colaboración de todos vos, para que lles presentedes aos alumnos as vosas profesións e a relación cos vosos estudos. En breve enviaremos máis información solicitando colaboracións de perfís concretos.
- Ciclo de Conferencias (19 de xaneiro: Antón Losada, marzo: Rita Radl, ...). Se pensades que hai algún tema que queirades que se trate ou da que precisemos estar informados as nais e pais, calquera suxestión será ben recibida.
E, por suposto, facédenos chegar as vosas suxestións, queixas,... Para elo podedes usar o correo electrónico ou o formulario de contacto do blog.
Saúdos cordiais
ANPA IES Rosalía de Castro
correo-e: anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
Blog: http://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/
Twitter: @anpa_iesrosalia
Facebook: https://www.facebook.com/anparosalia.decastro
Ningún comentario:
Publicar un comentario