xoves, 18 de febreiro de 2016

Próximas actividades organizadas pola ANPA

Estimados nais e pais da ANPA do IES Rosalía de Castro:


Recentemente ven de incorporarse novos membros á ANPA e comezamos esta etapa renovando o noso compromiso coa educación dos nosos fillos e fillas.



Algunha cuestión que nos plantexamos na última reunión foi a de mellorar a canle de comunicación coas nais e pais usando as redes sociais, e a organización actividades de acordo coa dirección do centro. Tamén nos gustaría que nos tivésedes ao tanto de calquera problema que os voso fillos e fillas poidan ter no Instituto.

As accións que temos abertas son:
  • Redes sociais: inicio do blog, facebook e twitter (acabamos de comezar!!, todos os links ao final desta mensaxe)
  • Reunión co inspector D. Manuel Guerra: 1 de marzo. Facédenos chegar calquera asunto (pregunta, queixa, suxestión, inquedanza...) que vos preocupe e que poida ser tratado na reunión.
  • Organización de actividades:
    • Feira das profesións (orientación profesional para 4º ESO e Bacharelato): abril Actividade de orientación profesional en formato stands. Precisamos para elo a colaboración de todos vos, para que lles presentedes aos alumnos as vosas profesións e a relación cos vosos estudos. En breve enviaremos máis información solicitando colaboracións de perfís concretos.
    • Ciclo de Conferencias (19 de xaneiro: Antón Losada, marzo: Rita Radl, ...). Se pensades que hai algún tema que queirades que se trate ou da que precisemos estar informados as nais e pais, calquera suxestión será ben recibida.
E, por suposto, facédenos chegar as vosas suxestións, queixas,... Para elo podedes usar o correo electrónico ou o formulario de contacto do blog.


Saúdos cordiais


ANPA IES Rosalía de Castro

​correo-e: anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es
Blog: http://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com.es/
Twitter: @anpa_iesrosalia
Facebook: https://www.facebook.com/anparosalia.decastro

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Conferencia Antón Losada: Política e Medios de Comunicación na actualidade española: tal para cal?

Conferencia
Política e Medios de Comunicación na actualidade española: tal para cal?
Martes 19 de xaneiro, 19:30, aula 5PA do IES Rosalía de Castro

Antón Losada
Xornalista, escritor e político
Profesor titular de Ciencia Política na Universidade de Santiago

venres, 1 de xaneiro de 2016

Asemblea xeral da ANPA (21/10/2015): nova composición da ANPA

O 21 de outubro de 2015 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
Presidenta: Mª Carmen Lemos
Vicepresidente: José Ramón Estévez
Secretario: 
Tesoureira: Flor Rodríguez
Vogal representante no Consello Escolar: Suso Fernández
Vogais: María José Carreira, Carmen Dourado, Lourenzo Fernández, Pilar Fernández, Lourdes Gulías, Isabel Mancebo, Manuel Midón, Ernesto Saavedra


Tamén se aprobaron as contas do curso anterior, 2014-15.

Acta da asemblea 
Contas do curso 2014-15