II Campus
Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)
A ANPA, en colaboración coa
Universidade de Santiago (USC), organiza a segunda edición do Campus Científico do 26 ao 30 de xuño de 2017.
O campus estará dirixido a 20
alumnos a partir de 3º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en
actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e
traballen nun contorno universitario.
Custe:
O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para
os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar
cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata rematar as prazas).LISTA DE ADMITIDOS. Os alumnos admitidos en primeira ronda teñen ata o 9 de xuño incluído para facer o pagamento e enviar a documentación, noutro caso perderán a praza. Se estás admitido/a e non vas poder asistir, avisa canto antes a anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es indicando no Asunto: Baixa Campus STEM.
Cómo inscribirse se estou na lista de admitidos?
- Descargar o Formulario de autorizacións. Encher tódolos apartados deste documento, imprimilo e asinalo.
- Realizar unha transferencia de 50€ (socios da ANPA) ou 65€ (non socios) ao número de conta da ANPA en ABANCA: ES41 2080 0300 8930 4009 3347 indicando no concepto: Campus STEM-Nome alumn@.
- O documento asinado e o xustificante de transferencia deben introducirse nun sobre etiquetado ANPA: Campus STEM e entregalo na Conserxería á entrada do IES Rosalía de Castro.
- PROGRAMA DE ACTIVIDADES do II Campus (xuño 2017) (actualizado 8 de xuño)
- GALERÍA DE FOTOS do I Campus (xuño 2016)
Ningún comentario:
Publicar un comentario