II Campus
Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)
A ANPA, en colaboración coa
Universidade de Santiago (USC), organiza a segunda edición do Campus Científico do 26 ao 30 de xuño de 2017.
O campus estará dirixido a 20
alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en
actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e
traballen nun contorno universitario.
Custe:
O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para
os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar
cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata o 31 de maio de 2017).Unha vez pechado o período de inscrición, publicaremos a lista de admitidos e lista de agarda e abriremos o prazo de pagamento.
Nos seguintes enlaces podedes ver imaxes da I edición do Campus e o programa de actividades:
- PROGRAMA DE ACTIVIDADES do I Campus (xuño 2016) (actualizarase durante o mes de maio)
- GALERÍA DE FOTOS do I Campus (xuño 2016)
Ningún comentario:
Publicar un comentario