Cándo? LUNS 30 DE XANEIRO DE 2017 de 17:30 a 19:0
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO
Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?
A
meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos
nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos
encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder
dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos
que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo
poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar
consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas
diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a
nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre
todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de
profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos
fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).
Ningún comentario:
Publicar un comentario