venres, 11 de xaneiro de 2019

IV Feira das profesións. PARTICIPA!!!

Cándo? LUNS 28 DE XANEIRO DE 2019 de 17:30 a 19:00
Onde? no IES Rosalía de Castro, aulas do 1º andar
Para quén? Alumn@s de Bacharelato e 4º de ESO

Acordaste cando tiñas 16 ou 17 anos?
Sabías o que querías ser de adulto?
Xa o tiñas todo claro?

 A meirande parte de nós, non. Por iso, queremos axudar aos nosos fillos e fillas nesta importante decisión e nada mellor que a vida mesma.
Queremos encher as salas de profesionais dos diferentes sectores para responder dúbidas e compartir experiencias cos rapaces e rapazas.
Sabemos que as preguntas que poidan facer son imprevisibles, pero de certo poderán axudarlles un chisco a tomar a decisión correcta, ao escoitar consellos, itinerarios de estudos, a realidade de traballar nas diferentes profesións, e moitas máis inquedanzas que non se nos ocorren a nós, pero a el@s si.
Estamos a xuntar un grupo variado de profesionais, pero ademais:
Entre todos os pais e nais sabemos que temos unha mostra nutrida de profesionais e somos os primeiros interesados en orientar aos nosos fillos.
Se queres participar e sentarte no pupitre para responder ás preguntas dos rapaces, ponte en contacto con nós (anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es).

luns, 3 de decembro de 2018

Composición da ANPA (20/11/2018)

O 20 de novembro de 2018 tivo lugar a Asemblea Xeral da ANPA do IES Rosalía, no que se renovaron algúns dos seus membros, quedando como segue:
  • Presidenta: María José Carreira
  • Vicepresidente: José Ramón Estévez
  • Secretaria: Begoña Ares
  • Tesoureiro: Ernesto Saavedra
  • Vogais: Carmen Boo, Alfonso Carballo, Maite Fajardo, Pilar Fernández, Suso Fernández, Pilar González, Rogelio López, Sonia Veiras
Damos a benvida ás novas incorporacións (Begoña, Maite, Rogelio e Carmen) e agradecemos o traballo realizado por Lourenzo, Carmen, Isabel e Manuel.
A ANPA (a falta de Rogelio) no cóctel posterior á Feira das Profesións en xaneiro de 2019

xoves, 15 de novembro de 2018

Asemblea Xeral ANPA

Curso 2018/2019
Convocatoria
I ASAMBLEA XERAL DA ANPA IES ROSALIA DE CASTRO
Convócanse a todos os socios da ANPA do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a I Asamblea Xeral da ANPA do curso 2018-19, a celebrar o 

Día: 20 de novembro de 2018
Hora: 19:30 h
Lugar: IES Rosalía de Castro, aula 14 PB (Planta Baixa)
 

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Informe da presidenta
3. Informe de contas curso 2017-18
4. Renovación de vacantes na xunta directiva*
5. Actividades curso 18-19
6. Rolda aberta de intervencións


*Hai varios postos vacantes na directiva. As/Os interesadas/os deben enviar un correo electrónico ao enderezo anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es ou ben presentarse directamente na asemblea xeral.

Documentos:

mércores, 19 de setembro de 2018

Semana de portas abertas extraescolares

A próxima semana (24-28 setembro) estamos organizando as xornadas de portas abertas de extraescolares no seu horario habitual. 
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:

Martes 13:30: Técnicas de estudo (confirmada)
Martes 13:30: Makers (aula de tecnoloxía, confirmada)
Xoves 13:30: Programación e robótica (confirmada)
Venres 16:30: Fotografía (confirmada)
Venres 16:30 Aikido (confirmada)

Recordamos que as actividades que non teñan suficiente número de interesad@s serán canceladas.
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2018/19 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.

domingo, 9 de setembro de 2018

Actividades extraescolares curso 2018-19

Estimadas nais e pais,
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades que temos programado para o curso 2018/19:

Día/Hora
Actividade
Comentarios
Martes
13:30 a 14:30
(só 1º trimestre)
Técnicas de estudo-1º-2º ESO
10-15 persoas
Custe: 48€/trimestre
Martes
13:30 a 14:30
*Makers: innovación para cambiar o mundo (construción dun proxecto tecnolóxico usando electrónica, ciencia, robótica, programación,...)
10-15 persoas
Custe: 45€/mes (inclúe material)
Mércores
16:30 a 17:30
*CXR: Comunicación, Xornalismo e Redes (Recopilar información, analizar os datos e compartilos para desenvolver persoas comprometidas co individuo e co entorno)
10-15 persoas
Custe: 50€/mes (+ matrícula inicial de 50€/familia)
Desconto do 15% para irmáns
Mércores
17:00 a 19:00 o 19:00-21:00
Mentes inquietas (desenvolvemento persoal a través da ciencia, programación, literatura, creatividade, comunicación, ...)
10-15 persoas
Custe: 65€/mes (+matrícula inicial de 50€/familia)
Desconto do 15% para irmáns
Xoves
13:30 a 14:30
*Programación e robótica
10-15 persoas
Custe: 18€/mes
Venres
16:30 a 17:30
*Obradoiro de identidade e fotografía para adolescentes
10-15 persoas
Custe: 50€/trimestre
Venres
16:30 a 17:30
*Aikido(concentración e defensa persoal)
Xoan López Rico
10-15 persoas
Custe: 15€/mes
As actividades marcadas cun * programaranse o segundo e tercer trimestre dependendo da demanda.

Só se programarán as actividades para as que haxa un número mínimo de persoas interesadas en apuntarse, por iso é moi importante que enchades o formulario. Caso de interesarvos a actividade pero non o horario, existe un campo no formulario para indicalo. Se vos interesan outro tipo de actividades que se poidan programar, tamén podedes encher o formulario.
Para inscribirse nas actividades, é preciso encher o seguinte formulario canto antes:
É condición indispensable para participar nas actividades ter pagada a cota da ANPA para o curso 2018/19 (15€/familia), xa que con ela se inclúe un seguro.
Ademais destas actividades, o Instituto organiza outras actividades. Deberedes preguntar en secretaría ao inicio do curso e estar atentos aos carteis que se poñerán nos taboleiros das aulas:
  • a aula de teatro
  • o coro e
  • a orquestra do instituto, ensaia os luns na hora de titoría, que se fai coincidir para tódolos cursos para facilitar a asistencia dos rapaces aos ensaios.
  • o clube de lectura
CURSOS DE INGLÉS:
  • Nas horas da mediodía se organizan os cursos de inglés para obter os certificados de Cambridge ou Oxford (Trinity College) impartidos por unha academie de idiomas. A información a xestiona o instituto e se notifica a todos os alumnos ao principio de curso. Horarios 1º-2º ESO: martes 13:35-14:25 e xoves 14:25-15:15. Horarios 3º-4º ESO: martes 14:25-15:15 e xoves 13:35-14:25. Horarios 1º-2ºBACH: Luns 13:35-14:25 e mércores 14:25-15:15.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
 PARA CALQUERA DÚBIDA, ESCRIBIDE UN CORREO A anpa.iesrosaliadecastro@edu.xunta.es

venres, 3 de agosto de 2018

Inscrición ANPA curso 2018-19

INSCRICIÓN DENTRO DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (xuño-xullo 2018)
  • O impreso de inscrición na ANPA para o curso 2018-19 vai incluído no sobre de matrícula.
  • O pagamento da cota da ANPA de inicio de curso (xunto co seguro escolar, obrigatorio a partir de 3º ESO) debe facerse co impreso de abono de taxas incluído polo Instituto no sobre de matrícula. De facer o pago por internet, debe incluírse igualmente no sobre de matrícula o impreso de abono de taxas debidamente cuberto e axuntar o xustificante de pago. MOI IMPORTANTE: Poñer no concepto: TAXAS-APELIDOS ALUMNO/A. No seguinte enlace tendes o impreso de inscrición (é o mesmo que vai no sobre de matrícula): Enlace a formulario inscrición ANPA curso 2018-19 (incluido no sobre de matrícula)
INSCRICIÓN FORA DO PERÍODO DE MATRÍCULA DO INSTITUTO (durante o curso)