Información para as familias anotadas para o intercambio de libros.
Mediante o entrecruzamento dos contactos obtidos dos formularios
distribuídos cos sobres de matrícula puidéronse xestionar 90 intercambios de
libros.
Inicialmente desestimáronse as peticións de libros que no ofrecían ningún a cambio, agás no caso de 1°ESO no que puidéronse resolver 15 das 28 solicitudes.
Un importante motivo de bloqueo e de obstáculo atopámolo no 2° curso de Bacharelato. O alumnado do centro "esquece" doar os seus libros ou directamente póñennos á venda. Así xéranse moitas reticencias para obter cesións de libros de 1° Bacharelato dado que solicitan os de 2° y non dispoñemos deles. A cadea de intercambio reséntese a partir de aí.
Moitas grazas ás familias que doan sen esperar obrigatoriamente recibir libros a cambio, aínda que intentamos que así sexa.
No momento actual dispoñemos dalgúns libros de 2° de Bacharelato de Sociais (lote incompleto).
Sentimos non poder satisfacer o 100% das solicitudes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario