Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA?

Subscríbete seguindo as instrucións en: https://anpaiesrosaliadecastro.blogspot.com/2018/06/inscricion-anpa-curso-2018-19.html

mércores, 31 de maio de 2017

Gala Solidaria contra a Desnutrición Infantil

O próximo 7 de xuño de 2017, ás 19h, os alumnos de 1º de Bacharelato Internacional, dentro da materia CAS (Creatividade, Acitividade e Servizo) organizan a:
Gala solidaria contra a desnutrición infantil: A Fame ao redor do mundo
con diálogos e textos do libro "El Hambre", de Martín Caparrós e a colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
Consulta o Programa da Gala 
As entradas véndense anticipadamente e tamén estarán á venda o mesmo día dende as 18h na porta principal do IES Rosalía de Castro.
Prezos das entradas:
  • Entrada xeral: 4€
  • Entrada para o alumnado: 2€
  • Fila 0: Donativo en caso de non poder asistir
Os ingresos obtidos con esta gala doranse íntegros ás ONGs Médicos sen fronteiras e Mans Unidas


martes, 23 de maio de 2017

Fondo solidario de libros de texto Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Orde no DOGA

O prazo remata o 23 de xuño de 2017

xoves, 18 de maio de 2017

II Campus STEM IES Rosalía

II Campus Científico
Descubre o Mundo STEM (Science Technology Engineering Maths)

A ANPA, en colaboración coa Universidade de Santiago (USC), organiza a segunda edición do Campus Científico do 26 ao 30 de xuño de 2017.
O campus estará dirixido a 20 alumnos de 3º-4º ESO do IES Rosalía de Castro, e consistirá en actividades deseñadas polos centros para que os alumnos fagan experimentos e traballen nun contorno universitario.
Custe: O campus terá un custe de 50 euros para os membros da ANPA e de 65 euros para os que non sexan membros, para asumir a cota anual da ANPA e poder estar cubertos polo seguro de responsabilidade civil.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata o 31 de maio de 2017).
Unha vez pechado o período de inscrición, publicaremos a lista de admitidos e lista de agarda e abriremos o prazo de pagamento.
Nos seguintes enlaces podedes ver imaxes da I edición do Campus e o programa de actividades:



 

mércores, 10 de maio de 2017

II Campus Tecnológico USC-Play Code Academy

II edición do Campus Tecnolóxico de Play Code Academy desenvolvido nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
Dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos
Datas:
Un único turno do 26 ao 30 de xuño (de luns a venres)
(¡Plazas limitadas!)
Horario:
O horario (dos 5 días) será de 9:00 a 14:00.
Máis información e inscrición en: https://playcodeacademy.com/campus-tecnologico-usc/