Publicamos a acta da asemblea ordinaria da ANPA do instituto Rosalía de Castro, celebrada o 4 de novembro de 2021.
ANPA Rosalía de Castro
IES Plurilingüe Rosalía de Castro Santiago de Compostela
Publicación destacada
Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario
Formulario inscrición ANPA
venres, 19 de novembro de 2021
martes, 26 de outubro de 2021
Convocatoria de Asemblea Anual Ordinaria 2021
Lugar de celebración: Salón de Actos IES Rosalía de Castro
Data: Xoves 4 de Novembro de 2021
Hora: 19.00 Primeira convocatoria; 19.30 Segunda convocatoria
Orde do dia:
- Presentación Xunta Directiva ANPA actual.
- Informe de Actividades.
- Informe de Tesouraría.
- Renovación membros Xunta Directiva.
- Solicitude de colaboración co centro para impartir Curso de Xestión Emocional a cursos de ESO.
- Actividades extraescolares: situación actual
- Banco de Libros: Incidencias e propostas de organización para próximo curso
- Rogos e preguntas
xoves, 29 de xullo de 2021
Intercambio de libros 2021-22
Informamos que en breve estarán elaboradas as listaxes do intercambio de libros para o curso 2021-2022.
Indicaremos a través deste blog cando deixaremos información no Instituto sobre a relación definitiva e contactos para o intercambio de libros.
Grazas a todxs pola vosa colaboración!
domingo, 11 de xullo de 2021
Información sobre o Consello Escolar e reunión da directiva da ANPA
Pola súa parte na reunión da ANPA acordamos, entre outros temas, convocar a asamblea de socios/as a principios de curso.
xoves, 20 de maio de 2021
Cambio nas datas dos exames de recuperación. Proposta da Consellería de Educación
Desde a ANPA do IES Rosalía de Castro transmitímoslle á FANPA a nosa disposición a colaborar e participar nas actuacións que colectivamente consideremos necesarias. Se xurde demanda de debate ou negociación por parte das familias, a ANPA do IES Rosalía de Castro ofreceuse a servir como enlace coa FANPA.
Compostela, a 20 de maio de 2021
xoves, 17 de decembro de 2020
Demanda de mellora da comunicación do profesorado cos pais e nais
Transcorrido case un trimestre deste curso 2020/2021, as restricións e condicionamentos derivados da COVID está tendo consecuencias negativas na comunicación das nais e pais co profesorado dos nosos fillos/as. O sistema do ABALAR estase demostrando unha ferramenta moi pouco apropiada para esta finalidade.
Esta preocupación, que nos fan chegar pais e nais, foille trasladada á dirección do centro coa demanda de que se arbitren, coa maior celeridade posible, medidas para mellorar as canles de comunicación co profesorado, o que redundaría en beneficios de todos.
Aprazamento da Asemblea Ordinaria 2019
Estimados socios,
Estimadas socias,
Segundo o establecido nos Estatutos da Asociación de nais e pais do alumnado do IES Rosalia de Castro, a asemblea anual ordinaria da Asociación debe celebrarse no último trimestre do ano. Este ano, debido ás circunstancias actuais, e despois de valorar posibles alternativas, a Xunta Directiva considerou oportuno aprazar a súa celebración, coa previsión de poder convocar dita Asemblea no mes de xaneiro, condicionado, en todo caso, a que as restricións das autoridades e as condicións sanitarias o permitan.
Agardamos a vosa compresión.