Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

martes, 25 de abril de 2017

Día Internacional das Rapazas nas TIC


O  vindeiro xoves, día 27 de abril, conmemórase o “Día Internacional das Rapazas nas TIC” (Girls in ICT Day), unha celebración promovida pola entidade International Telecommunications Union (ITU) co obxectivo de motivar as novas xeracións de rapazas para que consideren o eido das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Multitude de organismos e entidades en todo o mundo sumarán iniciativas con esa intención.
En Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), lidera a conmemoración co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e organiza un completo programa de actividades que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela co seguinte contido:
Coloquio virtual
Ás 11.00 horas, terá lugar un coloquio virtual por multiconferencia desde centros educativos con catro destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer no seu día a día, preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou sobre as motivacións persoais que as levaron a traballar neste ámbito.
Pola tarde (de 17:00 a 19:00H.), celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces) de entre 10 a 14 anos de idade. Ao comezo da mesma, presentarase o Movemento Code Girls Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Tech Academy.
Relacións de obradoiros prácticos:

  • Programación básica con Scratch, LEGO, Minecraft…
  • Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers organizado polo CPI O Cruce)
  • Creación de arte píxel-dixital
  • Demostracións prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
  • Visitas guiadas ao corazón do Superordenador Finis Terrae 2
As prazas son limitadas. Para inscribirse por favor cubride este formulario para que o CESGA teña o nome do asistente e confirme a praza antes do día 25 de abril.
Toda a información en: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/

Ningún comentario:

Publicar un comentario