Publicación destacada

Queres estar informado das actividades da ANPA? Subscríbete enchendo o formulario

Formulario inscrición ANPA

xoves, 3 de marzo de 2016

Inmersión lingüística Canadá, Francia, Alemaña

O xoves 3 de marzo de 2016, ás 19:30h tivo lugar unha reunión informativa sobre inmersión lingüística en CANADÁ por parte de Manuela Mata, da empresa Red Leaf.

Para esta reunión o Instituto enviou circular aos estudantes que están estudiando actualmente 3º da ESO, para realizar a estancia o 1º trimestre do curso 2016-17 (10 semanas). O deseño desta estancia é específico para o IES Rosalía de Castro.

O director informa de que os alumnos que participen non terán que facer os exames da 1ª avaliación. As datas de estancia serán entre a primeira semana de setembro e mediados de novembro de 2016.


O director tamén informou de intercambios de duración variable (1, 2 ou 3 meses) co Lycée Saint François Xavier en Vannes, Francia e  co Grimmelshausen-Gymnasium en Gelnhausen, Alemaña.
De cara a organizar estes intercambios, pediu que os estudantes interesados o comunicaran ao instituto canto antes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario